Casa do Queixo Grixalba

Llamar Cómo llegar Página web

Casa do Queixo Grixalba Granxa-Zoo Casa do Queixo de Grixalba

Este 12 de abril queremos compartir algo con vós !!⏰Despois dun período de paréntese, estivemos traballando para darlle ...
10/04/2025

Este 12 de abril queremos compartir algo con vós !!

⏰Despois dun período de paréntese, estivemos traballando para darlle un novo enfoque ao noso restaurante. Non se trata só de volver, senón de transformar a experiencia.

🗓️Este sábado, aproveitando a nosa opción familiar, queremos convidarvos a formar parte dun momento moi especial: presentámosvos a nova esencia da nosa cociña.

☀️A partir de agora, iremos avanzando por estacións. Cada unha traerá o seu propio menú, pensado para aproveitar ao máximo o momento, con sabores que van e veñen como o tempo. E dentro de cada tempada tamén haberá sorpresas: menús especiais para días concretos, novos pratos presentados por tempo limitado e unha oferta máis vibrante, persoal e creativa.

😋Este 12 de abril poderás probar unha vista previa. Non estamos "abrindo" como tal, pero si que vos convidamos a g***r deste novo comezo connosco.

⚠️ Importante: é necesaria unha reserva fixa para comer ese día.
📞 650 95 52 65
⌨️ [email protected]

👀Deixamos aquí o menú.

Esperamoste !!

Durante os anos que durou a Cooperativa de Scolé na Casa do Queixo, o equipo sacou adiante montóns de obradoiros e colab...
27/08/2024

Durante os anos que durou a Cooperativa de Scolé na Casa do Queixo, o equipo sacou adiante montóns de obradoiros e colaboacións. Saimos na prensa e na televisión, en programas coma "Cos pés na Terra", entre outros. Disfrutamos moito rodando as reportaxes que nos fixeron. Tamén, Scolé encabezaba os campamentos de verán. Dende que cerrou a cooperativa, agora continúan estas actividades os equipos de monitores coma Aventeira. Cooperativa de Educación e Lecer ou AVADA . Son moitos os colaboradores que pasaron pola Casa do Queixo nestes últimos catro anos, gracias a todos eles! 🌿💞✨

Hoxe, en visita ao pasado, traemos o recordo dos numerosos obradoiros artísticos que fixemos na Casa do Queixo de Grixal...
21/08/2024

Hoxe, en visita ao pasado, traemos o recordo dos numerosos obradoiros artísticos que fixemos na Casa do Queixo de Grixalba. Obradoiros de arxila (que sempre demos a multitude de nenos das excursións que viñeron ano tras ano a visitarnos), obradoiros de pintura na natureza e a nosa especialidade de xogar coas cores do noso entorno. Obradoiros Navideños, do Samaín, obradoiros de Entroido... Unha chea de creatividade no noso entorno natural! 🌿✨

Hoxe lembramos algúns momentos dos campamentos:  entre eles, cando trouxemos este bonito cabalo para que os nenos puides...
19/08/2024

Hoxe lembramos algúns momentos dos campamentos: entre eles, cando trouxemos este bonito cabalo para que os nenos puidesen disfrutar o que é montar a cabalo nun entorno rural. É unha das tarefas pendentes da Casa do Queixo de Grixalba, xa que actualmente, non dispoñemos de actividade de paseo a cabalo. Outro dos momentos que sempre recordaremos, foi cando un dos integrantes do noso equipo, agasallou a estes nenos cuns coelliños preciosos! 💖🐎🤍🐰 Momentazos!

Seguimos animándovos para que veñades a coñecer a Ángel Curtis que está todo este verán na Casa do Queixo de Grixalba. E...
16/08/2024

Seguimos animándovos para que veñades a coñecer a Ángel Curtis que está todo este verán na Casa do Queixo de Grixalba. Estamos en pleno agosto e o que queremos é que vos animedes a probar experiencias novas. Chamádenos ao 650 955 265 e facede a vosa reserva!

Continuamos coa visita ao pasado e lembramos a Kira! Kira vive agora con outra familia pero estivo con nosoutros, na Cas...
15/08/2024

Continuamos coa visita ao pasado e lembramos a Kira! Kira vive agora con outra familia pero estivo con nosoutros, na Casa do Queixo de Grixalba uns cuantos aniños. Xunto a Toby, tiveron unha camada de canciños. Pasábano xenial como monitores perrunos acompañando aos grupos de visitas e xunto ao equipo de Scolé. Agora, de Kira, quédanos Thor, un dos cachorriños desa camada ao que moitos monitores adoran, polo seu noble carácter 🐶💞

Alá polo ano 2020 formábase con nosoutros a cooperativa de Scolé. Un grupo de xóvenes apostaba polas instalacións da Cas...
14/08/2024

Alá polo ano 2020 formábase con nosoutros a cooperativa de Scolé. Un grupo de xóvenes apostaba polas instalacións da Casa do Queixo para lanzar xuntos o "novo proxecto". Coincidindo coa pandemia, un dos momentos máis difíciles para moitos empresarios e emprendedores. Igualmente fíxose unha páxina web para a cooperativa con vistas a ampliarse, traducida a tres idiomas. Fíxose toda unha imaxe corporativa para ese novo proxecto. Algúns dos socios encargábanse do restaurante, outros das actividades, a horta... Traballaron con moita ilusión o tempo que durou. Lamentablemente o ano pasado a cooperativa desfíxose, porque os tempos difíciles veñen para todos. Con moito cariño lembramos algunhas das comidas que Scolé facía e servía na casa degustación Casa do Queixo en Grixalba que actualmente, salvo "reservas", permanece pechada.

Agosto sempre é un mes importante para a Casa do Queixo de Grixalba. Este Agosto do 2024 en concreto, é un mes moi impor...
13/08/2024

Agosto sempre é un mes importante para a Casa do Queixo de Grixalba. Este Agosto do 2024 en concreto, é un mes moi importante no que cambia o proxecto "A Casa do Queixo de Grixalba". A menos dun mes do novo curso escolar, comeza un novo ciclo con moitas novidades, coma sempre! De agora e ata o día 31 de agosto, faremos un recorrido a través das nosas redes, ao que chamaremos "visita ao pasado", lembrando os mellores recordos que fixemos nestes últimos 4 anos, onde veredes a tódolos animales que pasaron por aquí, aos nosos monitores, os obradoiros lanzados durante este tempo, colaboracións... En fin, un resumo breve do noso traballo 🐣🧀

A foto de hoxe, "As nosas bestas e cabalos" que sempre están no noso recordo, xa que algúns deles non habitan nas nosas instalacións da Casa do Queixo. Lembramos especialmente con moito amor a "Paloma", nai da Rosalía. Pero tamén lembramos a Nevada, aos potriños que naceron, e demos a benvida a novas bestas coma Espiga, Luarca e Viqui Caramelo! 🍬🍭

O teléfono de contacto de Casa do Queixo Grixalba é o 650 955 265 e o email info@casadoqueixo.com. Aquí é onde tedes que...
12/08/2024

O teléfono de contacto de Casa do Queixo Grixalba é o 650 955 265 e o email [email protected]. Aquí é onde tedes que facelas reservas. Calquera dúbida, tamén contestamos a través de instagram 🧀🐣

*****
El teléfono de contacto de Casa do Queixo Grixalba es el 650 955 265 y el email [email protected]. Aquí es donde se hacen las reservas. Cualquier duda, también contestamos a través de instagram 🧀🐣

Coa calor que está a facer estos días, lembramos esta foto da Kira bañándose no río. Eles desfrutan do bo tempo mellor q...
11/08/2024

Coa calor que está a facer estos días, lembramos esta foto da Kira bañándose no río. Eles desfrutan do bo tempo mellor que nadie!

*****
Con el calor que hace estos días, recordamos esta foto de Kira bañándose en el río. Ellos disfrutan del buen tiempo mejor que nadie!

Dirección

Casal De Abaixo 2, Grixalba
Sobrado
15815

Horario de apertura

Martes 10:30 - 19:00
Miércoles 10:30 - 19:00
Jueves 10:30 - 19:00
Viernes 10:30 - 19:00
Sábado 10:30 - 19:00
Domingo 10:30 - 19:00

Teléfono

+34650955265

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Casa do Queixo Grixalba publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría