16/10/2026
💚 MAÑÁ ABRE A TENDA SOLIDARIA ANAJATERA! 🐾
Mañá, sábado, agardámosvos na nosa Tenda Solidaria Anajatera, de 11:00 a 13:00 h. 🛍️
Podedes vir botar unha ollada, atopar algunha cousiña bonita e, de paso, colaborar coa nosa causa. 💚
Lembrade que todo o recadado é solidario e axúdanos a seguir coidando dos animais que máis nos necesitan. 🐶🐱
Agardámosvos! Grazas por estar sempre aí e por formar parte da familia Anajatera. 🫶