29/09/2026
Lía é unha Pinscher miniatura de 10 anos que chegou á consulta porque lle detectaran varios bultos nunha das súas mamas.
Tras a exploración, decidimos retiralos cirurxicamente e enviar o tecido ao laboratorio para analizalo. O resultado confirmou que se trataba dun *carcinoma mamario*.
Durante a mesma intervención, Lía tamén se someteu a unha *ovariohisterectomía*, é dicir, á retirada dos ovarios e do útero. Ademais de evitar futuras enfermidades do útero, como a piometra, neste contexto tamén permite eliminar a principal fonte de hormonas ováricas, algo que pode ser relevante no manexo dos tumores mamarios dependentes de hormonas.
Ante o diagnóstico de carcinoma, era importante saber se a enfermidade se estendera a outras zonas e comprobar que a cirurxía conseguira retirar o tumor con marxes amplas. Para iso realizamos probas de imaxe avanzada e enviamos a masa a laboratorio para a súa análise.
Por sorte, *non se observaron metástases* e os resultados analíticos confirmaron unha retirada adecuada do tumor. Isto permitiunos determinar que, neste caso, *non era necesario realizar quimioterapia*. 🩺
Agora Lía queda en seguimento para controlar a súa evolución e detectar canto antes calquera posible cambio.
Este caso lémbranos a importancia de revisar regularmente as mamas das nosas cadelas, especialmente a medida que van cumprindo anos. Ante a aparición dun bulto, aínda que sexa pequeno, o recomendable é consultalo canto antes. 🐶🐾🩵