23/10/2026
🦷🐶🐱 Sabías que unha das partes do corpo dos nosos cans e gatos que máis enferma é... a boca?
Pois si! A maioría dos peludos de máis de 3 anos xa presentan algún problema dental. E moitas veces nin nos damos conta!
🪥 E como podemos evitalo?
✅ Cepillando os dentes a diario. Si, si, coma nós! Aínda que a algún non lle faga moita graza... 😅
✅ Coidando a súa alimentación.
✅ Utilizando produtos e snacks dentais, pero ollo, que non vale calquera! Mellor aqueles que teñen evidencia científica detrás.
E lembra: que coma ben non significa que non lle doa a boca!
📢 En novembro temos CAMPAÑA DE SAÚDE DENTAL! 🦷
É un bo momento para revisar eses dentes e poñernos mans á obra coa prevención.