18/10/2026
🐶💤 Igual que pasa coas persoas, o sono dos cans varía segundo a idade, a actividade ou as experiencias. Teñen un ciclo de sono discontinuo, despertándose con frecuencia e chegando poucas veces á fase REM; polo que pasan moitas horas durmindo para que sexa un proceso reparador.
🍼 Os cachorros gastan moita enerxía cando están espertos; xogando, socializando e coñecendo o mundo. Por iso despois precisan de moito descanso, durmindo entre 18 e 20 horas ao día.
🐕 Polo xeral, un can adulto dorme entre 12 e 14 horas ao día. Non obstante, os de gran tamaño precisan durmir máis que os pequenos, pero tamén varía segundo a actividade que realizan. Por exemplo, os cans pastores e de garda teñen un forte instinto de protección e están moi alerta, polo que dormen menos tempo.
🐩 Os cans de maior idade teñen un sono irregular, despertando máis a miúdo, polo que adoitan durmir máis tempo.
🥺 As experiencias vitais tamén inflúen no descanso dos cans. Un peludo que pasou polo abandono ou maltrato está máis alerta e dorme menos. En canto se sinta seguro e se afaga á tranquilidade do fogar, regularizarase o sono.
Porén, un exceso de sono pode ser un síntoma de enfermidade, como depresión, diabetes ou hipotiroidismo. Se tes algunha inquedanza ao respecto da saúde do teu peludo, pide cita na nosa clínica para facerlle unha revisión.
En VetCur coidamos da túa familia! 💙