10/08/2026
Ceos 🌤️ máis 𝐝𝐞𝐬𝐩𝐞𝐱𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐧𝐨 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐢𝐨𝐫 𝐞 𝐢𝐧𝐜𝐞𝐫𝐭𝐞𝐳𝐚 𝐧𝐨 𝐧𝐨𝐫𝐭𝐞. Este é o prognóstico para o día 🔭 da eclipse. O acontecemento astronómico do ano. O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto do país presenta unha situación favorable. A eclipse do 12 de agosto permitirá observar a reacción dos animais ante un fenómeno moi extraordinario. Para as mulleres e homes veterinarios 🩺 vai ser, sen dúbida, un día moi especial, onde a ciencia será protagonista. Unha mostra para documentar as diversas reaccións que pode ter un animal, vai ser o ℙ𝕣𝕠𝕩𝕖𝕔𝕥𝕠 𝕋𝕣𝕚𝔼𝕔𝕝𝕚𝕡𝕤𝕖, 𝕦𝕟𝕙𝕒 𝕚𝕟𝕚𝕔𝕚𝕒𝕥𝕚𝕧𝕒 𝕡𝕚𝕠𝕟𝕖𝕚𝕣𝕒 de ciencia 🔦 cidadá que busca rexistrar, a grande escala, as reaccións animais durante as tres eclipses solares que se sucederán no territorio español entre este mes e xaneiro de 2028.
𝕯𝖚𝖗𝖆𝖓𝖙𝖊 𝖚𝖓𝖍𝖆 𝖊𝖈𝖑𝖎𝖕𝖘𝖊 algúns animais silvestres modifican claramente o seu comportamento. As aves reducen a súa actividade e moitas abellas deixan practicamente de buscar alimento ao interpretar o descenso repentino da luz como o inicio da noite. Unha eclipse é un acontecemento pouco frecuente, como as treboadas. No caso das mascotas, o comportamento pode ser similar. Débese ter conta de que os animais que viven con nós non ollen cara á eclipse, aínda que xa non adoitan facelo. E moito menos poñerlles 🕶️ gafas protectoras non deseñadas para cans nin gatos. Evitar multitudes ou eventos exteriores onde nos acompañen. A eclipse xa é unha situación de estrés e de cambio de rutina bastante importante, polo que o ideal é procurar protexelos con máis calma. Manter a calma nós, porque o noso nerviosismo percíbeno, e débense manter as rutinas. Se hai que estar no exterior, por exemplo, porque estades vendo 👓 a eclipse, deben estar ben atadas/os, para previr riscos de posible desorientación ou fuxidas froito do nerviosismo. Pero mellor na casa.
Na casa, baixar persianas e tamén encender luces, de xeito que preparemos un espazo estable libre de luz exterior e ruído.